Dirección | Steven Spielberg |
---|---|
Ayudante de dirección | Katy Emde |
Producción | Steven Spielberg Kathleen Kennedy Melissa Mathison (productora asociada) |
Diseño da producción | James D. Bissell |
Guion | Melissa Mathison |
Música | John Williams |
Fotografía | Allen Daviau |
Montaje | Carol Littleton |
Vestuario | Deborah Lynn Scott |
Reparto | Henry Thomas Dee Wallace Robert Macnaughton Drew Barrymore Peter Coyote Sinopse |
O argumento de E.T, ou extraterrestre é aparentemente sinxelo: unha noite, un grupo de seres alieníxenas aterrizou nunha zona boscosa dos Estados Unidos. É de noite, e os alieníxenas percorren o bosque buscando e recollendo plantas que levan á súa nave, coma se tomarán mostras de vida vexetal. Paralelamente, vemos como uns homes aparecen con luces e camións, buscando algo. Os alieníxenas, asustados, corren para subir á súa nave e escapar, pero un deles, atrásase e deben deixalo no planeta Terra. O alieníxena abandonado é E.T, o extraterrestre, o noso protagonista. E.T, asustado e sen saber onde meterse foxe dos seus perseguidores para acabar escondéndose no alpendre da típica casa americana con xardín e próxima ao bosque. Na casa vive unha familia composta pola nai, Mary, e os seus tres fillos: Michael, o maior: Elliott, o mediano; e a pequena Gertie. Será Elliott o que descubrirá ao misterioso visitante e esconderao na casa. Desde o principio E.T e Elliott terán unha conexión especial, e Elliott expresa os sentimentos e emocións de E.T. Aos poucos o segredo de Elliott é descuberto polos tres irmáns, que se propón un obxectivo: axudar a E.T, o extraterrestre, a regresar á súa casa, e para iso deberán esconder ao alieníxena da súa propia nai e sobre todo, das persoas que lle buscam para analizalo e estudalo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario